🎭 🎨 ACTIVIDADES DE EXPRESIÓN ARTÍSTICA PARA FACER NA CASA COAS CRIANZAS: CAZAR A MOSCA


CAZAR A MOSCA

Hoxe propoñémosvos un sinxelo xogo de precisión que será, ademais, de creación propia. Como xa vos temos comentado noutras ocasións o importante non debe ser o resultado, debemos comprender a importancia de desfrutar dos procesos, da creación, da espera, concentración, toma de decisións...

Para elaborar este xogo precisades: un rolo de papel hixiénico, cordón ou la, grampas e/ou pegamento, pintura acrílica ou folios, garavanzo ou faba/bóla pequena ou canica/pedriña...ou similar.


O primeiro que debemos ter en conta é que imos recrear unha ra capturando coa súa lingua unha mosca. O primeiro será converter o rolo de papel hixiénico no corpo da ra. A pregunta que lles debemos facer é Como facemos? Como se te ocorre? Que podemos empregar? 
Hai múltiples respostas: as crianzas poden pintar o rolo con pintura acrílica, ou forralo cunha folla verde. Poden pintar unha folla branca coas ceras de que dispoñan e despois forrar o rolo...


Pecharemos con grampas un dos lados do rolo de papel para darlle forma ao corpo da ra, deixando apresada (baixo das grampas) un dos lados da corda, fío ou la que emulará a lingua da ra.


Buscaremos pola casa algo que poñerlle no outro lado do fío ou corda, debe ser máis ben de pequeno tamaño (para que poda entrar sen problema pola abertura do rolo) e con bastante peso (para que sexa máis sinxelo “encestar”). Nós empregamos un garavanzo  (se é moi pequeno, podedes empregar 2 ou 3 garavanzos) pero vós podedes animar ás crianzas a que decidan con que obxectos ir probando  e que experimenten cal é a mellor opción.


Por último so queda engadir os detalles que farán que realmente pareza unha ra: dous ollos, catro patas e... Conseguirá a ra comer a mosca?

Ánimo e a encestar toda a familia!

Comentarios

Entradas populares de este blog

💡🔬 EXPERIMENTOS CIENTÍFICOS SINXELOS PARA CRIANZAS. ACTIVIDADES PARA FACER NA CASA: FLOTACIÓN

😃🏡 ACTIVIDADES DA VIDA DIARIA NA CASA PARA FACER COAS CRIANZAS: RASGAR PAPEL

🤸 🤸‍♂️ XOGOS DE MOVEMENTO PARA CRIANZAS. ACTIVIADES PARA FACER NA CASA: MARIOLA