🎭 🎨 ACTIVIDADES DE EXPRESIÓN ARTÍSTICA PARA FACER NA CASA COAS CRIANZAS: PINTAR CON PINCEIS


PINTAR CON PINCEIS

Animade ás crianzas a que experimenten coas pinturas e o pincel. O feito mesmo de xogar coa auga e o pincel, facer mesturar cores, observar o resultado destas mesturas, observar o efecto da auga entre pigmentos...é un acto creativo á vez que relaxante. Non é necesario pretender representar algo concreto, debedes animar aos vosos fillos e fillas a que experimenten con liberdade, que desfruten do proceso e que pouco a pouco avancen no manexo das ferramentas e/ou elementos desta práctica.


Se non tedes na casa acuarelas, nin outras pinturas coas que poder empregar pincel (témperas ou acrílicos), podedes preparar as vosas propias mesturas empregando rotuladores. Hoxe explicámosvos unha sinxela técnica que adoitamos empregar nas aulas para  sacarlle o máximo partido aos materiais que achegades as familias e que vós podedes agora facer nas vosas casas.


Nas aulas de infantil é habitual que os rotuladores non queden ben cerrados e que sequen ou ben que a punta do rotulador (por non controlar aínda a forza da presión coa que as crianzas manexan os rotuladores) se estrague antes de que se lle acabe a tinta. Para iso, empregamos un recipiente con auga para mergullar os rotuladores (ou as súas cargas) que sexan da mesma cor. Así obtemos aguadas de diferentes cores coas que pintar con pinceis.



Hai moitísimas técnicas para empregar acuarela. O importante é experimentar con diferentes materiais: sal, plásticos, papeis... 


Se lle botamos o sal cando aínda está mollado o papel conseguiremos un efecto de aspecto areoso. 


Primeiro tedes que pintar da cor que vos guste e despois aplicádeslle o sal por riba.


Cando a pintura teña secado, retirades o sal suavemente co dedo.



As artes son medios para explorar a nosa propia paisaxe interior. Cando as artes nos conmoven dunha maneira xenuína, descubrimos o que somos quen de experimentar. Neste sentido, as artes axúdannos a descubrir a contorna do noso ser emocional. Ofrécennos recursos para experimentar o alcance e a variedade da nosa receptividade e sensibilidade.
                           Elliot W. Eisner.


Comentarios

Entradas populares de este blog

💡🔬 EXPERIMENTOS CIENTÍFICOS SINXELOS PARA CRIANZAS. ACTIVIDADES PARA FACER NA CASA: FLOTACIÓN

😃🏡 ACTIVIDADES DA VIDA DIARIA NA CASA PARA FACER COAS CRIANZAS: RASGAR PAPEL

🤸 🤸‍♂️ XOGOS DE MOVEMENTO PARA CRIANZAS. ACTIVIADES PARA FACER NA CASA: MARIOLA