😃🏡 ACTIVIDADES DA VIDA DIARIA NA CASA PARA FACER COAS CRIANZAS: RASGAR PAPEL
RASGAR PAPEL
Só fan falta
papeis, do que teñades pola casa: xornais, revistas, publicidade, folios de
refugallo...
E animádeos a que corten tiras para facer confeti ou unha
choiva de papeis, podedes poñer música para que a choiva forme parte dun baile.
Non vos preocupedes polo “desastre” posible debido á choiva de papeis porque, como veredes noutra estrada do blog (preme aquí para acceder) referida a “VARRER”, esa choiva de papeis espallada pola casa será unha estupenda oportunidade para mellorar aspectos da vida práctica.

Tamén podedes preparar unha cadea para decorar.
"Cada cambio é unha oportunidade para a aprendizaxe"
Comentarios
Publicar un comentario