😃🏡 ACTIVIDADES DA VIDA DIARIA NA CASA PARA FACER COAS CRIANZAS: VARRER
VARRER
Precísanse
papeliños para espallar, vasoira e recolledor, tamén podemos usar cinta de
papel/carrocero ou similar.
A actividade
consiste en que aumenten autonomía en actividades como varrer: espallando
primeiro os papeis de cores (podedes empregar algunha música a modo de
baile-festa) e varrendo despois eses mesmos anacos de papel.
Para as/os
principiantes podemos pegar no chan cinta de papel, delimitando un espazo no
que deberán ser quen de introducir os anaquiños.
Unha vez situados no interior
do espazo que delimitamos será máis sinxelo que os recollan para devolvelos ao
bote no que os volveremos gardar para a próxima vez que realicemos esta
actividade.
"Axúdame a facelo só"
María Montessori
Comentarios
Publicar un comentario