😃🏡 ACTIVIDADES DA VIDA DIARIA NA CASA PARA FACER COAS CRIANZAS: ESPREMER LARANXAS
ESPREMER LARANXAS
Animádeos a facer zume de laranxa. O máis importante é que desfruten o proceso: coller a media laranxa cunha man e a xerra de medir coa outra, espremer amodo, verter nun vaso, limpar a pingas cun pano, tirar o resto da laranxa no caldeiro do lixo orgánico e compartir e saborear o zume.
Esta mesma actividade podedes facela con limóns, engadíndolle bastante auga e algo de azucre, panela ou mel. Desfrutade outro día dunha deliciosa limoada!
Ninguén pode ser
libre se non é autónomo.
María Montessori
Comentarios
Publicar un comentario