😃🏡 ACTIVIDADES DA VIDA DIARIA NA CASA PARA FACER COAS CRIANZAS: CORTAR PAPEL
Animade ás crianzas a que practiquen o recortado empregando tesoiras. Faralles falta unha
tesoira e papeis. Tamén poden empregar un pratos ou caixiñas e un sobre.
Antes desta actividade é recomendable que recorten coas mans, rasgando papeis. Tedes outra entrada nestre blog sobre esa actividade PREME AQUÍ para ir á entrada sobre "rasgar papel".
Antes desta actividade é recomendable que recorten coas mans, rasgando papeis. Tedes outra entrada nestre blog sobre esa actividade PREME AQUÍ para ir á entrada sobre "rasgar papel".
Normalmente as crianzas desfrutan empregando instrumentos novos como as tesoiras. O máis sinxelo é que inicialmente recorten en liñas rectas (como cortando tiras de papel) e, cando xa lles saia ben, vaian pouco a pouco recortando outras formas (primeiro con liñas rectas, como cadrados ou triángulos; e despois liñas curvas, como círculos ou óvalos).
Os pratos son para que se acostumen a ir xuntando o que recorten e teneten levar certo orde na súa actividade. O sobre, ou algo similar, é para que ao final da actividade, garden as pezas recortadas e as poidan ordenar e empregar noutra actividade.
Unha vez feitas as figuras (regulares ou irregulares) podedes animar ás crianzas a que realicen os seus collages.
Será divertido para elas facer as
súas propias creacións, lembrádevos de empregar estas obras de arte para
decorar a vosa casa.
Non teñen por que representar
ningunha forma en concreto, o mero feito da experimentación e creación libre é
importante en si mesmo.
"A lóxica levarache do punto A ao B. A imaxinación levarache a todas partes".
Einstein
Comentarios
Publicar un comentario