😃🏡 ACTIVIDADES DA VIDA DIARIA NA CASA PARA FACER COAS CRIANZAS: PASAR O PANO AOS MOBLES
PASAR O PANO AOS MOBLES
Unha actividade
diaria e necesaria nos nosos fogares é limpar os mobles. Animámosvos a
que deixedes que as vosas crianzas proben a facelo.
Lembrade non empregar produtos químicos (usade un pano limpo e húmido ou con vinagre), loádelles o traballo que están a facer e o moito que axudan así á familia.
Axudádelle a ser autónomos/as!
"Hai que deixar
que as crianzas participen na nosa vida".
María Montessori
Comentarios
Publicar un comentario