🎭 🎨 ACTIVIDADES DE EXPRESIÓN ARTÍSTICA PARA FACER NA CASA COAS CRIANZAS: MUSEO NA CASA
MUSEO NA CASA
Hoxe propoñémosvos unha actividade coa que vos acheguedes a algunha obra de arte. O obxectivo da proposta é conseguir fotografarnos de tal maneira que nos aproximemos o máximo posible a unha obra coñecida ou dada.
Ao longo dos últimos anos, nas aulas de infantil, adoitamos facer esta
actividade a partir dalgún dos proxectos que traballamos.
Durante este tempo, unha das obras que máis xogo nos dou foi o discóbolo de Mirón, xa que era todo un reto para as crianzas conseguir esa postura, con equilibrio e co corpo en tensión (formou parte dun proxecto sobre Grecia). No caso do cadro de Picasso, a maior dificultade estivo en como situarnos no espazo (detrás da pelota pero tamén cara un lado, preto da pelota pero lonxe da parede...). Co retraro de Frida algunhas das preguntas suscitadas foron: cara onde mira? que cres que está a ver? Agrádalle ou lle desagrada? que anda a pensar?...

Sempre resulta un xogo interesante e divertido para as crianzas onde se pon en xogo, ademais
da investigación inicial sobre a propia obra e autor/a; a atención, esquema
corporal, control postural, expresión facial e xestual, procura de solucións
ante cuestión abertas, creatividade, autonomía...
As obras de arte precisan de persoas preparadas para ser apreciadas.
E.H. Gombrich
Comentarios
Publicar un comentario