😃🏡 ACTIVIDADES DA VIDA DIARIA NA CASA PARA FACER COAS CRIANZAS: UNTAR
UNTAR
Precisades unha bandexa ou prato, coitelo pequeno, pan e un produto que se poda untar
(manteiga, queixo-crema, paté, crema de chocolate, marmelada...).
Animade ás vosas
crianzas a que preparen un almorzo ou merenda diferente: preparando torradiñas
ou canapés para toda a familia, untándoos devagar e deixándoos con delicadeza nunha bandexa
para servilos na mesa.
Bo proveito!
Comentarios
Publicar un comentario