😃🏡 ACTIVIDADES DA VIDA DIARIA NA CASA PARA FACER COAS CRIANZAS: TENDER A ROUPA


                         MANIPULAR PINZAS PARA TENDER ROUPA

Se dispoñedes dunha zona para colgar roupa que sexa accesible para as crianzas (seguindo criterios de movemento e seguridade) empregádeas para que vos axuden a tender a colada. 

Se non é así, podedes facer que practiquen igualmente a manipular as pinzas se empregades pinzas da roupa e un cesto, un caldeiro, un balde ou algo similar. 

Podedes pedirlle que coloque as pinzas no borde do caldeiro libremente ou ben que o faga seguindo algunha consigna (será tamén unha preparación para exercicios matemáticos onde traballen series), por exemplo: 1 pinza vermella - 1 pinza azul, ou 2 verdes – 1 rosa...


Comentarios

Entradas populares de este blog

🎭 🎨 ACTIVIDADES DE EXPRESIÓN ARTÍSTICA PARA FACER NA CASA COAS CRIANZAS: PINTAR CON PINCEIS

😃🏡 ACTIVIDADES DA VIDA DIARIA NA CASA PARA FACER COAS CRIANZAS: RASGAR PAPEL

🎭 🎨 ACTIVIDADES DE EXPRESIÓN ARTÍSTICA PARA FACER NA CASA COAS CRIANZAS: CAZAR A MOSCA