📖BIBLIOTECA PARA NAIS, PAIS E EDUCADORAS: "¿QUÉ OCURRE EN EL CEREBRO DE LAS NIÑAS Y NIÑOS DURANTE EL CONFINAMIENTO?"
“¿QUÉ
OCURRE EN EL CEREBRO DE LAS NIÑAS Y NIÑOS DURANTE EL CONFINAMIENTO?” por Vincenç Arnaiz Sancho
Vincenç
Arnaiz Sancho, psicólogo
e especialista no ámbito da educación infantil.
O relatorio divídese
en dous bloques principais:
- Un primeiro
bloque onde explica que é o que ocorre no cerebro das crianzas: como funciona o
sistema límbico, que acontece se funcionamos no “modo alarma” (abandono do gozo,
activación do sistema de vixilancia, reaccións, tensión muscular, o esgotamento
debido ao mantemento sostido no tempo do estado de estrés...).
- E un segundo
bloque que trata de dar resposta a que facer nestes momentos, é dicir, como
podemos compensar esta situación de sufrimento:
Sublíñanse 4
elementos clave de protección ou auto-protección cando chegamos a ese estado de
alarma: capacidade de ledicia, capacidade de tenrura, vínculos familiares e
redes sociais (importancia do grupo máis alá da familia).
Trata aspectos
esenciais a ter en conta e levar a cabo como pai/nai/persoa adulta responsable
das crianzas: mantemento do seu propio benestar, controlar entrada de
información, quendas de coidado entre proxenitores ou adultas a cargo, orde na
casa (tempos, horarios, anticipación...).
Tamén afonda nos
aspectos a ter en conta sobre que facer coas crianzas: atender ao factor tempo
(facer devagar, xa que a calma vai da man da tenrura, previsibilidade, establecemento
de proxectos, calendario familiar, diario, marcar inicio e finalización de
actividades...), atender aos coidados persoais e do grupo, favorecer a autonomía
das crianzas, importancia do movemento consciente, manter relacións sociais
activas e participar no coidado da casa.
O noso sincero agradecemento a Vincenç Arnaiz por esta conferencia, organizada polo Concello de Xàbia (Alicante), que dirixiu ao profesorado e familias de educación infantil o 23 de abril de 2020.
Comentarios
Publicar un comentario