💡🔬 EXPERIMENTOS CIENTÍFICOS SINXELOS PARA CRIANZAS. ACTIVIDADES PARA FACER NA CASA: PRESIÓN


EMBOTELLAMENTO 💡

Materiais: botella de plástico, berbequí ou similar (parafuso, “cutter”...) e auga.

Proceso: Fai un burato nunha parte próxima á base da botella. Tapa este burato co dedo e enche a botella de auga e enrosca o tapón. Retira devagar o dedo do burato e procura non apertar a botella, ocorre algo? Agora, para facer que a auga saia polo burato, desenrosca o tapón, ves o que pasa?


Explicación: Experimentamos coa PRESIÓN. Cando a botella está tapada, a presión do aire non pode presionar cara abaixo a auga da botella, así que esta non se escapa. Pero ao desenroscarmos o tapón, o aire presiona dende dentro da botella e a auga se verte polo burato.

"As crianzas non son unha xerra que hai que encher, senón unha fonte que hai que deixar brotar"
María Montessori

Comentarios

Entradas populares de este blog

💡🔬 EXPERIMENTOS CIENTÍFICOS SINXELOS PARA CRIANZAS. ACTIVIDADES PARA FACER NA CASA: FLOTACIÓN

😃🏡 ACTIVIDADES DA VIDA DIARIA NA CASA PARA FACER COAS CRIANZAS: RASGAR PAPEL

👨💭 PROPOSTAS SOBRE LINGUAXES PARA FACER NA CASA COAS CRIANZAS: ESCOITAR UN CONTO "SETE RATOS CEGOS"