👨💭 PROPOSTAS SOBRE LINGUAXES PARA FACER NA CASA COAS CRIANZAS: CONVERSAS A CARÓN DA FOGUEIRA
CONVERSAS A CARÓN DA FOGUEIRA
Estes días de confinamento, sobre todo para as familias que viven en pisos está a ser un pouco máis complicada que para as que poden disfrutar dun espazo no exterior. Tendo isto en conta, hoxe propoñémosvos unha actividade algo diferente para esta fin de semana. Preparade unha
tarde-noite especial en familia: desfrutaredes dunha cea a carón dunha fogueira. Nesta ocasión, as adultas aprenderemos dos nenos e nenas a posibilidade de
imaxinar e trasladarnos a calquera lugar...
Preparade cadansúa mochila. Cada membro da familia decidirá que cea levará a
esta “excursión” e que xogo ou libro prefire
achegar para compartir en familia.
Escollede un lugar da casa próximo á “pantalla” (TV, ordenador...xa que aí proxectaredes a imaxe do lume na fogueira) onde preparar a zona onde sentaredes a cear, conversar, xogar...mentres escoitades o crepitar do lume.
Propoñémosvos empregar mantas dobradas para o chan porque
será unha superficie firme á vez que algo branda, e percibiremos unha sensación semellante a sentar no campo.
Cerrade as persianas e deixade só acesa algunha luz tenue para que pareza que é de noite (xunto coa luz que emitirá a imaxe real do lume da pantalla será suficiente).
Cerrade as persianas e deixade só acesa algunha luz tenue para que pareza que é de noite (xunto coa luz que emitirá a imaxe real do lume da pantalla será suficiente).
Podedes empregar o vídeo que vos achegamos para reproducilo na TV ou nunha
pantalla do ordenador. Tede en conta que o vídeo dura 1 hora e 17 minutos (dende que se prende o lume ata que se consume a madeira). Ao comezo do xogo, podedes acordar,
coas vosas crianzas que rematará cando xa non quede luz do lume...esa será a hora de marcharmos a cama a durmir.
Empregade o tempo deste xogo para falar: de cando erades pequenos, ver o álbum de fotos familiar, contar contos, cantar, xogar... Sobre todo, tentade recrear unha actividade que adoitamos facer no exterior e desfrutade dese momento en familia!
Podedes reproducir noutro
dispositivo (móbil) sons ambiente como o que vos deixamos a continuación. Desta
maneira, axudaredes a sentirvos próximos á natureza.
Se eu puidera andar ese camiño que
cruza o pensamento do meu neno, saírme de todas as súas lindes, ir ata onde os
mensaxeiros descoñecidos traen e levan mensaxes sen razón por reinos de reis
sen historia; ata onde a razón fai cometas coas súas leis e as bota ao aire;
onde quita ás accións as súas cadeas a verdade!
Rabindranaz Tagore
Comentarios
Publicar un comentario