🤸 🤸♂️ XOGOS DE MOVEMENTO PARA CRIANZAS. ACTIVIADES PARA FACER NA CASA: CIRCUÍTO

CIRCUÍTOS 🤸 🤸♂️
Hoxe propoñémosvos un circuíto de psicomotricidade caseiro. Animádevos a que as vosas
crianzas constrúan libremente un circuíto ao día e poñan en movemento os seus
corpos e as súa posibilidades de acción.
Nestas idades é moi importante que fagan diferentes movementos: gatear, saltar, reptar, correr, trepar... Para iso, deixade que empreguen os materiais que precisen: cadeiras, mesas, coxíns, colchóns, sofá, o chan...

Se pensades que esta proposta
pode abrir unha porta ao “caos” nas vosas casas (sobre todo en espazos pequenos
ou as familias que vivides nun piso) pensade que só se trata de que acordedes
con eles/as uns tempos e uns espazos específicos para facer este tipo de xogos tan necesarios.
"As crianzas non
só precisan comer. As súas gañas de moverse, que ninguén pode reprimir, hai que
entendelas como un sinal de moitas necesidades. Máis que conter a súa
actividade, temos que darlles os medios para desenvolvela".
María Montessori