🤸 🤸♂️ XOGOS DE MOVEMENTO PARA CRIANZAS. ACTIVIADES PARA FACER NA CASA: CIRCUÍTO DE ANIMAIS
DESPRAZARSE COMO...
Animamos a que
as crianzas definan un percorrido ou camiño (poden sinalalo con cinta de
papel, pintar no chan se é de terrazo, estender un fío de la ou simplemente
acordalo sinalando cun obxecto o comezo e con outro o final).
Despois deberán
preparar tarxetas, cada unha cun animal (poden debuxalo ou escribir o nome)
empregando anacos de papel. Unha vez feitas as tarxetas dobraranas e meteranas nunha
caixa, prato, bolsa, e...comeza o xogo!
Cada xogador/a deberá coller e desdobrar unha tarxeta
de cada vez, e desprazarase polo percorrido definido inicialmente facéndoo igual
que o faría o animal que lle tocou, como un can, unha serpe, un canguro...
Pódese compliacar un pouco máis o xogo se formades equipos e tentades adiviñar de que animal se trata vendo como se move o compañeiro de equipo.
Comentarios
Publicar un comentario