🤸 🤸♂️ XOGOS DE MOVEMENTO PARA CRIANZAS. ACTIVIADES PARA FACER NA CASA: SOPROU E SOPROU
SOPROU E SOPRPOU
Hoxe propoñémosvos unha de
sopridos. Podedes contarlle o conto dos tres porquiños e o lobo para comezar: e
soprou e soprou e a casa...derrubou!
A partir de aquí, nos converteremos no
lobo, e imos ter que practicar o soprido:
- Soprar suave e forte.
Empregando unha candea. Ás vece só a facemos bailar, sen apagala (sopro suave e
ben dirixido). Outras veces terémola que apagar (sopro forte e ben dirixido).
- Carreira da bóla. Dirixir unha
pelota lixeira (podédela facer de papel) a través dun percorrido previamente
construído (con plastilina, con pezas de construción...), facelo axudándovos do
sopro, ou ben directo ou ben a través dalgunha ferramenta (como unha palla, un
tubo...).
- Pompas de xabón. Se non tedes
un pompeiro pola casa podedes construílo cun simple anaco de corda fina
ou fío de la. Tamén podedes construír un cunha botella de plástico cortándolle
a base e suxeitando no seu lugar un calcetín (sae xenial cun calcetín de
algodón, tipo de deporte).
Comentarios
Publicar un comentario