🤸 🤸♂️ XOGOS DE MOVEMENTO PARA CRIANZAS. ACTIVIADES PARA FACER NA CASA: A PROCURA DOS OVOS
NA PROCURA DOS OVOS
Propoñémosvos para estes días un xogo de
movemento e moito máis, no que as crianzas terán que atopar un tesouro.
Para
conseguilo terán que axudar á galiña a atopar os seus ovos.
Estes ovos podedes
facelos debuxándoos en calquera tipo de papel. Podedes usar unha forma ovoide
ou circular, o que vos pareza máis sinxelo (as crianzas verán igualmente ovos durante o xogo).
Podedes agochar os ovos por toda
a casa: no cesto dos xoguetes, entre os libros, baixo a cama... É preferible que haxa algúns moi visibles para animar ás crianzas na
procura, e outros un pouco máis ocultos.
Unha vez que os atopen deberán
ordenalos (empregando os números que aparecen en cada un deles) e ler a mensaxe
secreta.
Unha vez lida deberán adiviñar cal é a localización do tesouro. No xogo que vos propoñemos, a adiviña “da
moitas voltas e sempre molla”, levará ás crianzas a mirar na lavadora, onde
estará o tesouro*.
Para facilitarvos a preparación
do xogo, podedes facer un esquema inicial co número total de letras (ovos) que
vos fará falta recortar.
Animádevos a preparar este xogo,
a diversión está asegurada!
*O "tesouro" que agacharedes na
lavadora dependerá do que teñades pola casa e dos gustos dos vosos fillos e
fillas. As nosas propostas, para non ter que mercar nada, son:
- Un biscoito, galletas, madalenas...
- Algunha forma de chocolate sinxela como
letras do seu nome, formas xeométricas, pingas... ou máis complexa como pitiños,
galiñas, coellos...
Para facer estas formas derretede chocolate no micro, ou
nunha ola ao baño maría, e botádeo sobre papel de forno (se non tedes podedes
empregar moldes de silicona, ou un prato liso untado de aceite. Esperade a que o chocolate arrefríe e se endureza de novo.
Ben o xogo e moi boa redación para ser ben entendida polos pais. Ánimo.
ResponderEliminarMoitas grazas, Antonio!
EliminarHecho!!! Nos gustó mucho, gracias!!!
ResponderEliminarAlédome de que desfrutárades da proposta. Moitas grazas polo comentario!
Eliminar