🤸 🤸♂️ XOGOS DE MOVEMENTO PARA CRIANZAS. ACTIVIADES PARA FACER NA CASA: POLINIZACIÓN
POLINIZACIÓN
Hoxe, 22 de abril, día da Terra, animámosvos a participar
nun xogo que ten como temática a polinización. O obxectivo deste xogo é
axudar a que as abellas cheguen á flor para poder seguir coa polinización xa
que esta é indispensable para manter a vida na Terra.
En lugar de abellas, como nós vos propoñemos, podedes xogar con calquera outro animal que cumpra esta
función (animámosvos a que investiguedes sobre este tema) como bolboretas,
escaravellos ou morcegos e colibrís. As crianzas gostarán
de representar outras especies.
Animádeos sempre a que o fagan sos, valorando os seus logros.
Unha vez preparado o material só
vos queda pegar na parede a gran flor e, ás abellas,
engadirlle por detrás algún tipo de cinta adhesiva (de papel, de
celofán...) coa idea de poder pegalas e despegalas.
O xogador/a que
tenta pegar a abella no centro da flor terá os ollos
cubertos cun pano, ou similar, que lle impida ver. Así terá que guiarse só
pola información que lle di o compañeiro/a (vai cara adiante,
máis arriba, abaixo, dereita...).
Cada xogador terá dous intentos
para acadar que a abella chegue ao centro da flor para chuchar o néctar.
Comentarios
Publicar un comentario