👀👂👅👃🖐 XOGOS DOS SENTIDOS PARA CRIANZAS. ACTIVIDADES PARA A CASA: FRASCOS DO GUSTO
FRASCOS DO GUSTO
Necesitades uns
vasos ou botes, culleres pequenas (tantas como vasos), ademais das substancias
coas que vos apeteza traballar, pode ser algo doce, salgado, amargo...
Introduce en cada bote ou vaso (previamente forrado para non poder ver o seu
contido) unha substancia para ser saboreada.
O xogador que vai ter que adiviñar
de que substancia se trata, só empregando o sentido do gusto, terá que (cos ollos tapados) recoller
na palma da man un pouco da substancia que o outro xogador lle achega
empregando unha culler.
Próbaa coa lingua e tenta adiviñar de que se trata.
Tamén podedes xogar a emparellar: tendo a mesma substancia tapada nun vaso ou bote (para saboreala sen ver) e desatapada nun prato para poder vela, e emparellar así ámbas dúas (vaso e prato)
A desfrutar!
Comentarios
Publicar un comentario