👀👂👅👃🖐 XOGOS DOS SENTIDOS PARA CRIANZAS. ACTIVIDADES PARA A CASA: O OLFACTO
FRASCOS DE
OLORES 👃
Necesitaredes uns
botes, uns pratos e unhas parellas de substancias/olores (chocolate, menta, café, laranxa,
lavanda, ourego...). O xogo consiste en emparellar olores.
Forrade os botes por
fóra para que non se vexa o que hai no seu interior. Deixade fóra dos botes, en
pratiños ou cuncas, as mesmas substancias que introducistes nos botes.
Para
xogar, as crianzas ulirán a substancia dun dos pratos, vendo o que é; posteriormente
procurarán o mesmo olor nos botes empregando só o sentido do olfacto, e
colocarán o bote ao carón do prato que contén a mesma substancia.
Ánimo e
botádelle narices!
Comentarios
Publicar un comentario