😃🏡 ACTIVIDADES DA VIDA DIARIA NA CASA PARA FACER COAS CRIANZAS: COIDAMOS DAS QUE NOS COIDAN


OCUPARSE DAS PLANTAS

Hoxe propoñémosvos unha actividade necesaria nas nosas casas, que ademais pode dar pé a falar coas nosas crianzas da importancia que teñen as plantas para a vida na terra.


Realmente, no noso clima, coa humidade ambiental que se mantén ao longo do ano, case ningunha planta, das que temos nos pisos, precisa que a reguemos antes de 15 ou 20 días. Pero o que si é importante é que manteñamos limpas e en bo estado as súas follas.


Así que podedes pedirlle ás crianzas que, cada día, limpen, coidadosamante, unha ou dúas follas das plantas da casa. Para iso axudarédesvos de auga e unha gasa ou pano fino. Humedecerán a gasa ou o pano e pasarano devagar pola folla de dentro a fóra. 



Lembrarémoslles que debemos de coidar as plantas, tan importantes para nós, igual que elas nos coidan a nós producindo o osíxeno que precisamos para vivir.



"A natureza sosten a vida universal de tódolos seres".
                                               Dalai Lama

Comentarios

Entradas populares de este blog

💡🔬 EXPERIMENTOS CIENTÍFICOS SINXELOS PARA CRIANZAS. ACTIVIDADES PARA FACER NA CASA: FLOTACIÓN

😃🏡 ACTIVIDADES DA VIDA DIARIA NA CASA PARA FACER COAS CRIANZAS: RASGAR PAPEL

👨💭 PROPOSTAS SOBRE LINGUAXES PARA FACER NA CASA COAS CRIANZAS: ESCOITAR UN CONTO "SETE RATOS CEGOS"