😃🏡 ACTIVIDADES DA VIDA DIARIA NA CASA PARA FACER COAS CRIANZAS: USAR BATEDOR DE MAN
USAR BATEDOR DE
MAN
Precisades un bol
ou ensaladeira fonda, xerra ou botella con auga, xabón, batedor de variñas,
esponxa e pano.
Hoxe prepararanse para empregar outra ferramenta de uso cotiá para que así cando toque facer un biscoito ou bater uns ovos, teñan destreza para facelo autonomamente.
Hoxe prepararanse para empregar outra ferramenta de uso cotiá para que así cando toque facer un biscoito ou bater uns ovos, teñan destreza para facelo autonomamente.
Animaredes ás
crianzas a que vertan no bol ou ensaladeira a auga e deixen caer nela
dúas ou tres gotas de xabón líquido (podedes usar xabón de fregar, xabón
deterxente da roupa ou xel do baño... o que teñades pola casa).
Despois, co batedor de variñas farán que apareza a escuma: para iniciarse poden suxeitar o batedor entre as dúas palmas das mans frotándoas, e para as crianzas máis experimentadas nestas prácticas, moverán o batedor só con unha man.
Cando teñan rematado a actividade, as crianzas baleirarán o bol, limparán a superficie cunha esponxa e secarana co pano.

Lembrade que para todo o que podan facer as crianzas soas debedes deixar que o fagan con autonomía sendo pacientes e dándolles todo o tempo que precisen para facelo. Axudádelles a desfrutar dos procesos.
Axúdame a facelo
só.
María Montessori
Comentarios
Publicar un comentario