😃🏡 ACTIVIDADES DA VIDA DIARIA NA CASA PARA FACER COAS CRIANZAS: GALLETAS DE MANTEIGA


GALLETAS DE MANTEIGA


Hoxe propoñémosvos unha receita doce que require dun amasado moi sinxelo: galletas de manteiga. Para poder elaboralas precisades: 125g. de manteiga, 75g. de azucre, 200g. de fariña e un chisco de sal.


O primeiro é poñer todos os ingredientes nun recipiente e mesturalos, ata conseguir un resultado homoxéneo e compacto. Tede en conta que canto menos fría estea a manteiga, mellor mesturará.


Seguidamente, faremos pequenas bólas (aplanándoas sobre o papel de forno ata conseguir a forma circular desexada). Podedes decoralas con un “lacasito”, unha abelá, unha améndoa...ou similar.


Meteremos as galletas no forno sobre un papel de forno que cubra a grella.


Esperaremos 15 minutos, co forno a 180º.


Por último, sacarémolas e deixarémolas repousar entre 2 e 3 minutos sen movelas ata que endurezan.


NOTA: se queredes facelas de chocolate, só teredes que cambiar os 200g. de fariña por 160g. de fariña e 40g.de cacao puro.

Podedes explicarlles ás crianzas que existe a posibilidade de que podan compartir a receita con outras persoas (os avós, tíos, amigos...) ou que a garden para lembrala a seguinte vez que a queiran facer. Para iso, terán que escribir o proceso, ingredientes... Podedes animalos/as a que o fagan á súa maneira ou ben que se axuden do seguinte documento no que os pictogramas os/as axudarán a levar a cabo este proceso de aproximación á lectura e escritura.


Comentarios

Entradas populares de este blog

💡🔬 EXPERIMENTOS CIENTÍFICOS SINXELOS PARA CRIANZAS. ACTIVIDADES PARA FACER NA CASA: FLOTACIÓN

😃🏡 ACTIVIDADES DA VIDA DIARIA NA CASA PARA FACER COAS CRIANZAS: RASGAR PAPEL

🤸 🤸‍♂️ XOGOS DE MOVEMENTO PARA CRIANZAS. ACTIVIADES PARA FACER NA CASA: MARIOLA