😃🏡 ACTIVIDADES DA VIDA DIARIA NA CASA PARA FACER COAS CRIANZAS: DOBRAR ROUPA



DOBRAR A ROUPA

Esta, como calquera das actividades que propoñemos da categoría de vida práctica ou de tarefa compartida, é unha proposta que axuda a mellorar a autonomía e independencia das crianzas, ademais de implicalos na vida cotiá e familiar.


Propoñémosvos que os nenas e nenos dobren a roupa despois dunha colada. Para as que se estean a iniciar, podemos animalas a que emparellen calcetíns ou dobren á metade os pantalóns ou a roupa interior, e para as máis expertas, podemos alentalas a que dobren camisetas ou xerseis, mostrándolles nós previamente como se fai, con movementos lentos e precisos.



Esta actividade pódese completar se, ademais de dobrar a roupa, son quen de repartir a roupa en cada armario ou habitación da casa segundo de quen sexa cada prenda. Esta actividade da vida práctica estaría así complementada cun traballo de lóxica matemática xa que as crianzas terían que identificar, emparellar e clasificar as prendas unha a unha en relación á persoa da familia á que pertence.


Non esquezades alentar ás/aos peques nesta actividade e eloxiádelles o seu traballo e esforzo de colaboración coas tarefas familiares.





Comentarios

Entradas populares de este blog

💡🔬 EXPERIMENTOS CIENTÍFICOS SINXELOS PARA CRIANZAS. ACTIVIDADES PARA FACER NA CASA: FLOTACIÓN

😃🏡 ACTIVIDADES DA VIDA DIARIA NA CASA PARA FACER COAS CRIANZAS: RASGAR PAPEL

🤸 🤸‍♂️ XOGOS DE MOVEMENTO PARA CRIANZAS. ACTIVIADES PARA FACER NA CASA: MARIOLA