🎭 🎨 ACTIVIDADES DE EXPRESIÓN ARTÍSTICA PARA FACER NA CASA COAS CRIANZAS: PAPIROFLEXIA SINXELA
PAPIROFLEXIA
Hoxe compartimos
algunhas propostas sinxelas de papiroflexia, para as peques da casa.
Comezaremos por
un exemplo de avión de papel que, polo que comprobamos, é dos deseños sinxelos
máis aerodinámicos que atopamos.
Na
escola, adoitamos animar ás crianzas a que, unha vez construídos os avións os lancen e vexan a onde
chegan. Isto provoca a necesidade de “medir”: primeiro por comparación
(marcando a onde chega cada lanzamento), despois contabilizando por medio de “medidas”
naturais (como pasos, pés...) e por último (só nas crianzas de maior idade) a procura
de métodos de medición artificiais. Animádevos a construír avións e a lanzalos.
A voar!
A segunda proposta é conseguir un cadrado, partindo dun rectángulo, xa que será esta unha forma que precisarán para construír posteriormente outras moitas figuras con papel.
Para as crianzas destas idades non é nada sinxelo. Precisan de calma, concentración e moitas repeticións ata conseguilo xa que, ademais de dificultades co dobrado, será complicada a parte en que deben recortar a parte sobrante. Animádeos!
E por último presentámosvos dúas propostas sinxelas, partindo dun cadrado de papel: o can e o gato.

No momento en que conseguen facelo por si mesmos/as, non deixan de
fabricar cans e gatos... Preparádevos para que vos enchan a casa!
Todos os días boto os meus barquiños de papel, un tras outro, corrente abaixo. Levan pintado con grandes letras negras o meu nome e o nome do meu pobo. Se na praia descoñecida onde chegue alguén os atopa, saberá quen son eu... Os meus barquiños van cargados con flores de siuli do xardín da miña casa; e estou seguro que estes botóns collidos ao amencer chegarán co ben a terra pola noite.
Comentarios
Publicar un comentario