💡🔬 EXPERIMENTOS CIENTÍFICOS SINXELOS PARA CRIANZAS. ACTIVIDADES PARA FACER NA CASA: UNHA DE CINE!



UNHA DE CINE!

Materiais: grans de millo para flocos, microondas ou ola e aceite.

Proceso: Examina con atención uns grans de millo para facer flocos. Como son? Como son ao tacto?. 
Cociña os flocos de millo, se son para microondas, seguindo as instrucións do paquete, ou senón empregando unha tarteiriña cun fondiño de aceite. 
Unha vez feitos, vértedeos nunha cunca, Que aspecto teñen agora? Como son ao tacto?
Agora escollede unha peli e... Bo proveito!


Explicación: O gran de millo para flocos contén un pouco de auga. Cando o cociñamos, a auga do gran convértese en vapor, que ocupa máis espazo ca auga. A presión do vapor fai que o gran explote, e o resultado é a esponxosa larpeirada que tanto nos gusta.

Comentarios

Entradas populares de este blog

💡🔬 EXPERIMENTOS CIENTÍFICOS SINXELOS PARA CRIANZAS. ACTIVIDADES PARA FACER NA CASA: FLOTACIÓN

😃🏡 ACTIVIDADES DA VIDA DIARIA NA CASA PARA FACER COAS CRIANZAS: RASGAR PAPEL

👨💭 PROPOSTAS SOBRE LINGUAXES PARA FACER NA CASA COAS CRIANZAS: ESCOITAR UN CONTO "SETE RATOS CEGOS"