💡🔬 EXPERIMENTOS CIENTÍFICOS SINXELOS PARA CRIANZAS. ACTIVIDADES PARA FACER NA CASA: DE VASO A VASO!



DE VASO A VASO

Materiais: Bandexa grande, dous vasos, cordón tipo la, fixo e auga.

Proceso: O xogo consiste en pasar a auga dun vaso a outro, sen que caia, e poñendo os vasos moi lonxe o un do outro.



Pódese conseguir se somos quen de facer que a auga faga ese percorrido axudándose dun cordón de laDeixade ás crianzas que libremente tenten colocar ese cordón dun vaso a outro e finalmente probaremos se é posible.



É importante ter en conta que ata que o cordón non estea ben mollado, a auga non correrá sen escorrerNas imaxes que vedes a continuación empregamos auga con cor para que vírades máis facilmente o efecto da auga movéndose pola la pero, obviamente, non é necesario tinguir a auga.


Se o preferides podedes deixar estas propostas de experimentación coa auga para o momento do baño. Non haberá que preocuparse de se a auga se derrama e nos molla, e faredes un momento do baño moi divertido. 


Desfrutade da experimentación!


Explicación: Isto ocorre pola CAPILARIDADE, que é a propiedade pola que a superficie libre dun líquido posto en contacto cun sólido sube ou baixa nas proximidades deste. Os seus efectos son especialmente aparentes no interior dos tubos capilares ou entre dúas láminas moi próximas.

Comentarios

Entradas populares de este blog

💡🔬 EXPERIMENTOS CIENTÍFICOS SINXELOS PARA CRIANZAS. ACTIVIDADES PARA FACER NA CASA: FLOTACIÓN

😃🏡 ACTIVIDADES DA VIDA DIARIA NA CASA PARA FACER COAS CRIANZAS: RASGAR PAPEL

🤸 🤸‍♂️ XOGOS DE MOVEMENTO PARA CRIANZAS. ACTIVIADES PARA FACER NA CASA: MARIOLA