💡🔬 EXPERIMENTOS CIENTÍFICOS SINXELOS PARA CRIANZAS. ACTIVIDADES PARA FACER NA CASA: MOSQUITO CLIP


MOSQUITO-CLIP

Material: bandexa ou bol, auga, clip.

Proceso: Este xogo trata e emular aos zapateiros que adoitan desprazarse pola superficie da auga (ríos, pías das fontes...). É importante ter constancia, tranquilidade e precisión para poñer a “flotar” aos nosos “zapateiros”.


Previamente, temos que sacar cara arriba un pequeno gancho do clip por onde o manipularemos. Debemos deixar que proben libremente, ata que descubran cal é a mellor maneira de poñelos a flotar. Outra opción é empregar un dos clips dobrados coma soporte.



Descubrirán que, ademais de facelo con moito tento, terá que estar o clip, en perfecta posición horizontal, totalmente pegado á superficie da auga. É interesante que observen, con calma, a forma que adoita a superficie da auga xusto onde apoia o clip, coma se "a auga se dobrara".


NOTA: Pódese facer tamén encerando previamente os clips (axudádevos dunha candea). Isto axuda a que sexa máis sinxelo facelos flotar.


Explicación: Isto ocorre por TENSIÓN SUPERFICIAL que é a forza intermolecular dos líquidos -sobre todo na auga- que vai dirixida ao interior. Para romper ditas forzas intermoleculares na superficie da auga precísanse substancias tensoactivas como os deterxentes ou xabóns.



Quen se concentra é inmensamente feliz

                     María Montessori

Comentarios

Entradas populares de este blog

💡🔬 EXPERIMENTOS CIENTÍFICOS SINXELOS PARA CRIANZAS. ACTIVIDADES PARA FACER NA CASA: FLOTACIÓN

😃🏡 ACTIVIDADES DA VIDA DIARIA NA CASA PARA FACER COAS CRIANZAS: RASGAR PAPEL

🤸 🤸‍♂️ XOGOS DE MOVEMENTO PARA CRIANZAS. ACTIVIADES PARA FACER NA CASA: MARIOLA