💡🔬 EXPERIMENTOS CIENTÍFICOS SINXELOS PARA CRIANZAS. ACTIVIDADES PARA FACER NA CASA: O QUE O OLLO NON VE


O QUE O OLLO NON VE

Materiais: Cartolina ou folios, lapis ou rotulador, cores, la/corda, tesoira, pegamento.

Proceso: Trátase de elaborar dous debuxos relacionados ou que "poderían ir xuntos" en dous círculos de papel/catón/cartolina... 
Aínda que non teñamos impresora podemos crear o noso taumátropo e experimentar coa óptica. Podedes seguir estes sinxelos pasos:



- Debuxamos nun folio tantos pares de círculos como taumátropos queiramos facer.

- Debuxamos un elemento dos que deben ir xuntos, por exemplo: tea de araña - floreiro - cheminea.

- Debuxamos o outro elemento, parella do anterior, nos círculos en branco, empregando a técnica do claco na fiestra para que coincidan exactamente no lugar onde deben ir. No noso caso: araña - flores - fume.

- Recortamos os círculos marcando previemente os puntiños onde faremos os buratiños para colocarlle a la ou corda.

- Pegaremos os dous círculos, o un ao outro, colocando no medio de ámbolos dous unha cartolina ou cartón se é que empregamos folios para os círculos, para que o taumátropo quede máis resistente. E poñeremos a la ou corda.

- Tede en conta o xiro para saber cal debe ser a orientación dos debuxos antes de pegalos:


Aquí vos deixamos algún exemplo máis de traumátropos. Aínda que as posibilidades son infinitas: ra e mosca, abella e flor, nube e pingas de choiva, cabeza e chapeu...


Na imaxe: as columnas son, respectivamente, o anverso e reverso do mesmo taumátropo.



Explicación: O TAUMÁTROPO (do grego tauma “portento” e tropo “xiro”) foi unha creación do científico John Ayrton Paris para demostrar, no 1824, ante o Real Colexio de Físicos de Londres, a persistencia retiniana (o noso ollo ve cunha cadencia de 10 imaxes por segundo, polo que as imaxes se superpoñen na retina e o cerebro as “enlaza” como unha soa imaxe visual, móbil e continua).

Comentarios

Entradas populares de este blog

💡🔬 EXPERIMENTOS CIENTÍFICOS SINXELOS PARA CRIANZAS. ACTIVIDADES PARA FACER NA CASA: FLOTACIÓN

😃🏡 ACTIVIDADES DA VIDA DIARIA NA CASA PARA FACER COAS CRIANZAS: RASGAR PAPEL

🤸 🤸‍♂️ XOGOS DE MOVEMENTO PARA CRIANZAS. ACTIVIADES PARA FACER NA CASA: MARIOLA