👨💭 PROPOSTAS SOBRE LINGUAXES PARA FACER NA CASA COAS CRIANZAS: ESCOITAR UN CONTO "SETE RATOS CEGOS"


O conto "Sete ratos cegos", foi escrito e ilustrado por Ed Young, artista estadounidense de orixe chinesa. Esta obra ilustra unha antiga fábula da India que conta como sete ratos cegos atópanse, preto do seu fogar na lagoa, cun "algo moi raro". 

Nesta historia se subliña a importancia de mirar a realidade cunha ollada creativainclusiva, dende a globalidade e incorporando as múltiples perspectivas das demais. Esperamos que vos guste:




Probablemente, unha das aprendizaxes máis importantes deste conto é aprender a mirar o mundo dun xeito creativo e global, é dicir, tentar ver o TODO e non só as PARTES. Para traballar esta aprendizaxe e poder falar dela... propoñémosvos o seguinte xogo:
Preparade nunha folla moitas “fiestras” ou recortándoo en moitas pezas como se fora un puzzle. Despois tapade con esa folla un libro coñecido para as crianzas ou un debuxo... e pedídelle que comece a xogar: 



Cantas fiestras ou PARTES terás que abrir para coñecer o TODO que hai detrás?

Comentarios

Entradas populares de este blog

💡🔬 EXPERIMENTOS CIENTÍFICOS SINXELOS PARA CRIANZAS. ACTIVIDADES PARA FACER NA CASA: FLOTACIÓN

🤸 🤸‍♂️ XOGOS DE MOVEMENTO PARA CRIANZAS. ACTIVIADES PARA FACER NA CASA: A PROCURA DOS OVOS