👨💭 PROPOSTAS SOBRE LINGUAXES PARA FACER NA CASA COAS CRIANZAS: ANIMALARIO FANTÁSTICO


ANIMALARIO FANTÁSTICO

Hoxe presentámosvos unha experiencia baseada nunha das técnicas creativas de Rodari.
Partindo do gran interese que adoita suscitar nas crianzas o mundo animal... Propoñémosvos crear un “Animalario fantástico” de novas especies. Como crearemos esas especies?

- Primeiro, as crianzas terán que preparar anacos de papel (rasgándoo ou empregando tesoira). En cada un deles debuxarán un animal ou escribirán o seu nome. Despois dobrarán cada anaco de papel e deixaranos repartidos en dous recipientes.


- Collerán, ao chou, un anaco de papel de cada recipiente, desdobraranos e lerán que lles tocou.


- A partir destes dous animais crearán un novo e inventaranlle un nome e tentarán escribilo (lembrade non "correxir" esa primeira escritura). Podedes axudarlles recalcando o son de cada fonema.



A nosa nova especie animal é un RAFANTE, metade ra, metade elefante.
 Aquí o tedes!


Animádevos a crear a vosa nova especie!


O elemento esencial do pensamento é a estrutura binaria, non os elementos que a constitúen. A cupla ou o par, son anteriores ao elemento illado.

                Henry Wallon

Comentarios

Entradas populares de este blog

💡🔬 EXPERIMENTOS CIENTÍFICOS SINXELOS PARA CRIANZAS. ACTIVIDADES PARA FACER NA CASA: FLOTACIÓN

😃🏡 ACTIVIDADES DA VIDA DIARIA NA CASA PARA FACER COAS CRIANZAS: RASGAR PAPEL

🤸 🤸‍♂️ XOGOS DE MOVEMENTO PARA CRIANZAS. ACTIVIADES PARA FACER NA CASA: MARIOLA