🤸 🤸♂️ XOGOS DE MOVEMENTO PARA CRIANZAS. ACTIVIADES PARA FACER NA CASA: ESPELLIÑO, ESPELLIÑO
ESPELLIÑO, ESPELLIÑO
Por quendas, haberá que imitar, coa
maior exactitude posible, as posturas, caras, formas...que outra persoa fai co seu corpo e expresión; como se fósemos un espello.
Esta proposta axudará á
atención, concentración, espera, control postural e movementos. Ademais
pensamos que a diversión está asegurada xa que é unha actividade que todas as
crianzas adoitan desfrutar e que con frecuencia demandan na escola. Seguro que
facéndoa en familia, desfrutades aínda máis.
Moito ánimo a todas/os!
Comentarios
Publicar un comentario