🤸 🤸‍♂️ XOGOS DE MOVEMENTO PARA CRIANZAS. ACTIVIADES PARA FACER NA CASA: CAMIÑO TRAMPULLEIRO



CAMIÑO TRAMPULLEIRO

Este xogo consiste en percorrer o camiño que deixaron os trasnos do bosque, saltando de “lousa” en lousa máxica e poñendo os pés como indica cada unha. Se os pés non están correctamente colocados nas lousas caes na trampa dos trasnos e tés que volver comezar.

Para poder xogar á proposta que vos achegamos teredes que preparar as “lousas” coas que construiredes o camiño do bosque máxico. Para facelas só precisades anacos de papel onde debuxaredes unha ou dúas frechas. Cada frecha indica a posición que terá que ter cada : os dous pés cara adiante, os dous á deireita, só un (á pata coxa)...
Tamén podedes, para complicar algo máis o camiño, engadir lousas nas que, ademais da dirección dos pés, indiquen a relación espacial que debe haber entre os pés: que se toquen os talóns abrindo as punteiras, ou tocándose as punteiras e abrindo nos talóns.
Unha vez preparado o material, só tedes que poñelo pola casa creando un camiño e a desfrutar.
Anda con tino se non queres caer nas trampas deste bosque cheo de maxia!

Con esta proposta as crianzas desfrutarán dun xogo de movemento co que tamén desenvolverán a coordinación, control postural, equilibrio, rapidez, lateralidade, axilidade...

Comentarios

Entradas populares de este blog

💡🔬 EXPERIMENTOS CIENTÍFICOS SINXELOS PARA CRIANZAS. ACTIVIDADES PARA FACER NA CASA: FLOTACIÓN

😃🏡 ACTIVIDADES DA VIDA DIARIA NA CASA PARA FACER COAS CRIANZAS: RASGAR PAPEL

💡🔬 EXPERIMENTOS CIENTÍFICOS SINXELOS PARA CRIANZAS. ACTIVIDADES PARA FACER NA CASA: UNHA NOVA COR