👀👂👅👃🖐 XOGOS DOS SENTIDOS PARA CRIANZAS. ACTIVIDADES PARA A CASA: MASAXES
Animar ás
crianzas a que procuren diferentes materiais cos que dar masaxes: coas súas
propias mans, pelotas de diferente dureza e/ou tamaño (facelas rodar sobre o
seu corpo), xoguetes redondeados, texturas máis ou menos rugosas...
Probarán primeiro no seu propio corpo (antebrazos, brazos, pernas, barriga...) e experimentarán as sensacións variando a forza e a presión con que o fan.
Posteriormente farán o mesmo noutras persoas da casa.
Este tipo de proposta intensifica as
referencias do corpo e favorece a
conciencia corporal. Tamén ten un efecto calmante no sistema nervioso, que pode
ser de moita axuda nestes días.
Comentarios
Publicar un comentario