👀👂👅👃🖐 XOGOS DOS SENTIDOS PARA CRIANZAS. ACTIVIDADES PARA A CASA: A NATUREZA FÁLANOS...ANÍMATE A ESCOITALA
A NATUREZA FÁLANOS... ANÍMATE A ESCOITALA
Animámosvos a
que escoitedes diferentes sons de animais e tentedes adiviñar de que
animal se trata. Podedes empregar bancos de sons de animais gratuítos que hai en Internet:
Ademais podedes escoitar algún animal que sexa descoñecido para as vosas crianzas coa idea de traballar a atención e a memoria auditiva: escoitades 3 ou 4 sons descoñecidos, lendo a que animal pertencen, e despois volvedes escoitar e preguntades: E este son, a quen pertence?

Esta mesma
actividade pódese facer tamén con outros sons: sons cotiás, sons da natureza, sons de
ferramentas... Hai moitísimos recursos deste tipo na Rede, aquí deixámosvos algúns:
Vivir de costas á natureza fainos máis vulnerables;
é, simplemente, insostible.
Fernando Valladares
Comentarios
Publicar un comentario