😃🏡 ACTIVIDADES DA VIDA DIARIA NA CASA PARA FACER COAS CRIANZAS: TRASVASES DE LÍQUIDOS


TRANSVASES DE LÍQUIDOS 



Para desfrutar desta proposta precisaredes de dous caldeiros ou baldes, vasos de diferentes tamaños, tapóns, botellas de diferentes tamaños, esponxa... e, se tedes na casa, contagotas


Trátase de encher un dos caldeiros con auga e tentar levar a auga cara o outro empregando diferentes ferramentas (tapóns, vasos, esponxas, contagotas...). Con cal probamos primeiro? por que? Que outra ferramenta queres usar? Cal che parece a máis axeitada?


As crianzas máis maiores poden, ademais de experimentar co xogo, contar cantas viaxes necesita en función do obxecto que empregue para o transvase.
Podedes propoñelo a través dunha pregunta: Cal é a ferramenta mellor (máis eficaz)? E que podemos facer para sabelo?
Lembrade que calquera aprendizaxe debe responder a unha necesidade do/a neno/a (querer saber, comprender), non da necesidade que teñamos as adultas en ver como traballan contidos "escolares".


Tamén podedes animalas a que descubran moitas outras cousas como cantas botellas pequenas precisan para encher unha máis grande, ou a auga que colle nunha botella, cantos vasos enche?...

En calquera caso, esta últimas propostas de numeración debedes de propoñelas só se a vosa crianza comezou a ter interese polos números. Se non é así, deixade que desfrute da manipulación das ferramentas e da propia actividade de transvase.

A mollarse!


Comentarios

Entradas populares de este blog

💡🔬 EXPERIMENTOS CIENTÍFICOS SINXELOS PARA CRIANZAS. ACTIVIDADES PARA FACER NA CASA: FLOTACIÓN

🤸 🤸‍♂️ XOGOS DE MOVEMENTO PARA CRIANZAS. ACTIVIADES PARA FACER NA CASA: A PROCURA DOS OVOS

👨💭 PROPOSTAS SOBRE LINGUAXES PARA FACER NA CASA COAS CRIANZAS: ESCOITAR UN CONTO "SETE RATOS CEGOS"