🎭 🎨 ACTIVIDADES DE EXPRESIÓN ARTÍSTICA PARA FACER NA CASA COAS CRIANZAS: SERES IMAXINADOS


SERES IMAXINADOS A PARTIR DUNHA MANCHA

A partir da técnica de pintura con pincel, para o que podedes empregar acuarelas, aguadas feitas con acrílico, témperas...propoñémosvos un xogo que pode resultarlles interesante. Se non dispoñedes destes materiais, pero si tedes rotuladores, podedes igualmente empregar o pincel se preparades estas mesturas (como vedes na imaxe). 


Animádeos/as a que pinten nunha folla en branco diferentes elementos sen significado algún: manchas, liñas curvas ou rectas...de diferentes formas, tamaños e cores.




Deixade secar eses debuxos e, ao día seguinte, preguntádelles: Que vedes? Deberán converter cada un deses elementos (engadindo algún detalle, elemento ou completando o que xa hai) nun obxecto ou ser real ou imaxinario: aquela mancha amarela resultou ser o pantalón dun neno, un can ou un dinosaurio; a liña violeta era un colibrí chuchando unha flor...





Tamén podedes crear vós a vosa “folla de manchas” e ao día seguinte, para o xogo de creación e imaxinación, intercambiaredes as propostas: vós imaxinaredes a partir das manchas do voso fillo ou filla, e elas/es imaxinarán a partir das vosas manchas.


Se tivésemos unha Fantástica, así como temos unha Lóxica, estaría descuberta a arte de inventar.
                                     Novalis



Para ver o post PINTAR CON PINCEL PREME AQUÍ e poderedes ver como converter rotuladores en pintura para pincel.

Comentarios

Entradas populares de este blog

💡🔬 EXPERIMENTOS CIENTÍFICOS SINXELOS PARA CRIANZAS. ACTIVIDADES PARA FACER NA CASA: FLOTACIÓN

😃🏡 ACTIVIDADES DA VIDA DIARIA NA CASA PARA FACER COAS CRIANZAS: RASGAR PAPEL

🤸 🤸‍♂️ XOGOS DE MOVEMENTO PARA CRIANZAS. ACTIVIADES PARA FACER NA CASA: MARIOLA