🎭 🎨 ACTIVIDADES DE EXPRESIÓN ARTÍSTICA PARA FACER NA CASA COAS CRIANZAS: SEGUINDO OS PASOS DE KANDINSKY
SEGUINDO OS PASOS DE KANDINSKY
A proposta de hoxe comeza coa observación de diferentes obras de Kandinsky. Animádevos a observar e a falar da obra ou obras que escollades.
Podemos facervos preguntas: Que cores usou? Usarías ti outras cores? Por que cres que escolleu estas cores? Escollerías ti as mesmas? Que debuxou o pintor? Que elementos (formas) ves? Como te fai sentir? Recórdache a algún outro obxecto ou escena?
Tamén podedes facer a vosa propia obra de arte, non necesariamente unha versión dunha das obras de Kandinsky, senón inspirándovos na conversa sobre a obra do artista. Empregando diferentes materiais: tesoiras e pegamento, rolos de papel , tapóns ou calquera outro obxecto para crear con formas (poden non ser círculos e si óvalos, triángulos...), sombras, mesturas de cores...
O único indispensable é desfrutar experimentando!
A arte ensínanos a prestar atención ás novas combinacións visuais do
mundo. Ensínanos a ver.
Gombrich
Comentarios
Publicar un comentario