💡🔬 EXPERIMENTOS CIENTÍFICOS SINXELOS PARA CRIANZAS. ACTIVIDADES PARA FACER NA CASA: UNHA NOVA COR
Proceso: Enchemos dous vasos con auga (a auga
debe chegar ao borde xusto do vaso) e engadimos unha cor a cada un (podemos
empregar colorante alimenticio ou meter durante un tempo uns rotuladores nos
vasos con auga ata que chegue a tinguila, neste caso podedes preparalo dun día para outro).
Axudámonos dun naipe ou dunha cartolina, dámoslle a volta a un dos vasos e pousámolo enriba do outro. Finalmente, con coidado, retiramos a cartolina/naipe sen mover os vasos. Que ocorreu?
Axudámonos dun naipe ou dunha cartolina, dámoslle a volta a un dos vasos e pousámolo enriba do outro. Finalmente, con coidado, retiramos a cartolina/naipe sen mover os vasos. Que ocorreu?
NOTA: neste caso (usando a mesma auga nos dous vasos) os
contidos de ámbolos dous vasos se mesturan cando quedan en contacto (polo que dos líquidos azul e amarelo, obtemos o verde).
Podemos facer o experimento engadindo variantes para que o obxectivo non sexa crear unha nova cor, senón ver como dous líquidos en contacto non se mesturan:
- Empregar nun vaso auga fría e no outro
auga quente. Que ocorre variando a temperatura? Mesturan así as cores?
- Usar auga con sal nos dous vasos,
pero empregando solucións distintas por exemplo: nun vaso só unha areíña de sal
e no outro vaso disolver, cando menos, dúas culleradas de sal. Que ocorre se engadimos sal? Mesturan así as cores?
Explicación: Son varias as
propiedades que poñemos en xogo.
COHESIÓN E ADHESIÓN: Cohesión é a forza de atracción entre partículas adxacentes dentro dun mesmo corpo. A adhesión é a interacción entre as superficies de distintos corpos. Isto explica o feito de poderlle dar a volta a un vaso con auga axudándonos só dunha cartolina, e que esta non se derrame.
Ademais, o feito de que variando as temperaturas das augas dos vasos ou engadindo sal en diferentes proporcións cambie o resultado do experimento (nestes casos, as cores non se mesturarán), explícase pola DENSIDADE. A auga fría e a quente teñen distintas densidades, polo que unha flota máis que outra. Do mesmo xeito que engadindo sal facemos que aumente a súa densidade.

Comentarios
Publicar un comentario