💡🔬 EXPERIMENTOS CIENTÍFICOS SINXELOS PARA CRIANZAS. ACTIVIDADES PARA FACER NA CASA: ARRIBA E ABAIXO



ARRIBA E ABAIXO



Para este sinxelo experiemento precisades un tarro ou vaso pequeno de cristal transparente, aceite (xirasol ou oliva), auga e cubiño de xeo. Deixade que sexan as crianzas as que manipulen o material, ao seu ritmo, sen présas, e que disfruten das sensacións (do frío do xeo, do tacto do aceite...).



O primeiro paso será encher o vaso ata a metade (ou unha terceira parte) con aceite.

E se lle engadimos auga, que pasará? 


 Observamos o que sucede:


E se lle botamos máis auga pero esta vez en forma de xeo? Observamos o que pasa:



Explicación: O aceite ten menor densidade que a auga, polo que flota nela. Pero cando a auga se conxela e se convirte en xeo, dilátase e a súa densidade diminúe, polo que o xeo flota no aceite.



NOTA: Animade sempre ás crianzas a que tenten construír as súas hipóteses (a través das preguntas q formulades) para que podan ir comprobando o que sucede e contrastando o que pensaban que ía ocorrer co que aconteceu finalmente. As preguntas axudan tamén a manter a atención e ao establecemento dunha observación activa. Lembrade, en calquera caso, que nestas idades o importante é a propia experimentación e manipulación, sempre nun ambiente de diversión e de tranquilidade.


Comentarios

Entradas populares de este blog

💡🔬 EXPERIMENTOS CIENTÍFICOS SINXELOS PARA CRIANZAS. ACTIVIDADES PARA FACER NA CASA: FLOTACIÓN

😃🏡 ACTIVIDADES DA VIDA DIARIA NA CASA PARA FACER COAS CRIANZAS: RASGAR PAPEL

🤸 🤸‍♂️ XOGOS DE MOVEMENTO PARA CRIANZAS. ACTIVIADES PARA FACER NA CASA: MARIOLA