👨💭 PROPOSTAS SOBRE LINGUAXES PARA FACER NA CASA COAS CRIANZAS: ESCOITAR UN CONTO "A LIÑA"




A LIÑA de Beatriz Doumerc e Ayax Barnes


Unha noite de 1978 Ayax debuxou unha persoíña só cunha liña. A liña, fedella, fuxiu, alargouse estendéndose no papel. Que faría esa persoíña con esa liña? Pasaríalle por riba? Enredaríase con ela? Ayax e Beatriz déronse conta de que, grazas a ela, tiñan o libro que sempre quixeran facer: divertido e serio á vez. Tantas cousas fixera a persoa coa LIÑA que ata recibiu un premio. Porén, ao pouco tempo, algúns decretaron que este libro era sumamente perigoso e prohibíronlle andar por aí de man en man. Afortunadamente agora volve a moverse con total liberdade, para el non pasaron os anos. 


Liña: sucesión de puntos. 
Historia: sucesión de feitos. 
Os puntos fan a liña. 
As persoas fan a historia.






Podedes animar ás crianzas a que manipulen unha liña (anaco de la ou corda) e que experimenten con ela: curva ou recta? como é ao tacto? construíndo unha casa? a lúa? que máis se pode facer con ela? O único importante é, coma sempre vos dicimos, experimentar e desfrutar.


Comentarios

Entradas populares de este blog

💡🔬 EXPERIMENTOS CIENTÍFICOS SINXELOS PARA CRIANZAS. ACTIVIDADES PARA FACER NA CASA: FLOTACIÓN

😃🏡 ACTIVIDADES DA VIDA DIARIA NA CASA PARA FACER COAS CRIANZAS: RASGAR PAPEL

🤸 🤸‍♂️ XOGOS DE MOVEMENTO PARA CRIANZAS. ACTIVIADES PARA FACER NA CASA: MARIOLA