👨💭 PROPOSTAS SOBRE LINGUAXES PARA FACER NA CASA COAS CRIANZAS: XOGO A SER MAMÁ/PAPÁ


XOGO A SER PAPÁ/MAMÁ

Animade ás crianzas a que se disfracen de mamá/papá. Poderán empregar a roupa e complementos que queiran para converterse durante o que dure o xogo nun de vós. Ademais da indumentaria deberán comportarse coma vós.

Que cres que fan mamá/papá durante o día, cando non están contigo?
Papá, en que cres que traballa? Como se comporta no traballo? Xoga a algo?
E cando te convirtas en mamá, Vestirías igual que papá? En que traballa mamá? Que fai no seu traballo e como o fai? Ela xogará a algo?

Con este xogo podedes coñecer moito do que pensan, senten e cren as vosas crianzas. Sen xulgar, nin censurar. Escoitade e observade con atención. Poderedes descubrir a resposta a moitas preguntas: Aparecen roles de xénero? Como me ven? Como ven a miña relación cos demais e co mundo? 


Comentarios

Entradas populares de este blog

💡🔬 EXPERIMENTOS CIENTÍFICOS SINXELOS PARA CRIANZAS. ACTIVIDADES PARA FACER NA CASA: FLOTACIÓN

🤸 🤸‍♂️ XOGOS DE MOVEMENTO PARA CRIANZAS. ACTIVIADES PARA FACER NA CASA: A PROCURA DOS OVOS

👨💭 PROPOSTAS SOBRE LINGUAXES PARA FACER NA CASA COAS CRIANZAS: ESCOITAR UN CONTO "SETE RATOS CEGOS"