🤸 🤸♂️ XOGOS DE MOVEMENTO PARA CRIANZAS. ACTIVIADES PARA FACER NA CASA: XOGO DE MEMORIA CO CORPO
XOGO DE MEMORIA CO CORPO
Esta proposta sinxela e divertida consiste en situarse dúas persoas fronte a fronte, e que unha delas imite unha secuencia de movementos feitos co corpo (tocar diferentes partes do propio corpo) que fai o/a compañeiro/a de xogo.
Comezaredes por poucos movementos e sinxelos, como nos exemplos que vos propoñemos:
TOCAR CABEZA
TOCAR CABEZA E BRAZO
Iredes complicando as secuencias (aumentando o número de movementos e incluíndo movementos máis complexos -tocar o lado do corpo contrario-) a medida que vaian conseguindo superar a dificultade anterior.
TOCAR OMBRO DO LADO OPOSTO
TOCAR - OMBRO OPOSTO - XEONLLO - CÓBADO OPOSTO
Cantos movementos podedes recordar e reproducir en cada secuencia sen confundirvos? Ánimo familias!
Comentarios
Publicar un comentario