🤸 🤸‍♂️ XOGOS DE MOVEMENTO PARA CRIANZAS. ACTIVIADES PARA FACER NA CASA: DEBUXO TÁCTIL



DEBUXO TÁCTIL 


Para esta sinxela proposta só precisades o voso corpo e concentración. Trátase de “debuxar” algo co dedo nas costas doutra persoa, e esta ten que adiviñar de que se trata. 


Lembrade que o sentido do tacto, un dos grandes esquecidos neste mundo tan puramente visual e auditivo, é indispensable nestes primeiros anos de vida. Debemos traballalo ao máximo con múltiples propostas xa que é o tacto a maneira en que as crianzas comprenden o mundo e se conectan a el.

Podedes xogar con diferentes temáticas
Por exemplo, podedes xogar con figuras xeométricas: teredes que facer a silueta dun triángulo ou cadrado...nas costas do neno/a, tan só deslizando o dedo e el/ela terá que saber de que se trata. 

Podedes probar a “debuxar” números ou letras (neste caso, é preferible que representedes letras maiúsculas). 


Tamén podedes probar a “debuxar” noutras partes do corpo. Coma sempre, o importante é que desfrutedes do xogo e que experimentedes... En que partes do corpo somos quen de adiviñar mellor? Por que pensades que ocorre? Adiviñades mellor o debuxo se é de maior tamaño? Tedes que facer moita ou pouca presión para que as/os peques sintan a silueta e a distingan?



A gaivota nova  e o gato grande, negro e gordo comezaron a camiñar. El lambía con tenrura a súa cabeza. E ela cubriulle o lombo cunha das súas ás.

                         Luis Sepúlveda

Comentarios

Entradas populares de este blog

💡🔬 EXPERIMENTOS CIENTÍFICOS SINXELOS PARA CRIANZAS. ACTIVIDADES PARA FACER NA CASA: FLOTACIÓN

😃🏡 ACTIVIDADES DA VIDA DIARIA NA CASA PARA FACER COAS CRIANZAS: RASGAR PAPEL

🤸 🤸‍♂️ XOGOS DE MOVEMENTO PARA CRIANZAS. ACTIVIADES PARA FACER NA CASA: MARIOLA