😃🏡 ACTIVIDADES DA VIDA DIARIA NA CASA PARA FACER COAS CRIANZAS: ABROCHAR E DESABROCHAR


ABROCHAR E DESABROCHAR

Como vedes hai moitas actividades da vida práctica e cotiá que repercuten na adquisición da autonomía das crianzas. 




Vimos hai días, noutro post, a posibilidade de animar ás crianzas a dobrar e clasificar a roupa para gardala. Se as vosas crianzas xa son quen de dobrala con certa autonomía podemos engadirlle algo máis de dificultade, propoñéndolles que abrochen esa mesma roupa, escollendo nós, previamente, diferentes prendas que conteñan elementos como: cremalleiras, botóns a presión, botóns grandes e pequenos, fibelas, imperdibles, velcro...




É máis sinxelo abrochar e desabrochar (abrir/cerrar, poñer/sacar) diferentes elementos fóra do noso corpo que tendo a prenda de roupa posta. Por isto deben practicar moito, manipulando diferentes elementos: desabrochar e abrochar botón pequenos das camisas, cerrar cremalleiras máis duras, abrir e cerrar fibelas, abrochar botón de presión...




Animádeos/as a que avancen na súa autonomía. Mans á obra!



Se queres ver o post onde facemos a proposta das actividades da vida diaria: DOBRAR ROUPA, 



Comentarios

Entradas populares de este blog

💡🔬 EXPERIMENTOS CIENTÍFICOS SINXELOS PARA CRIANZAS. ACTIVIDADES PARA FACER NA CASA: FLOTACIÓN

😃🏡 ACTIVIDADES DA VIDA DIARIA NA CASA PARA FACER COAS CRIANZAS: RASGAR PAPEL

🤸 🤸‍♂️ XOGOS DE MOVEMENTO PARA CRIANZAS. ACTIVIADES PARA FACER NA CASA: MARIOLA