🎭 🎨 ACTIVIDADES DE EXPRESIÓN ARTÍSTICA PARA FACER NA CASA COAS CRIANZAS: COSNTRUIMOS UN BARCO


CONSTRUIMOS UN BARCO

A proposta de hoxe trátase de animar ás crianzas a que constrúan o seu propio barco cos materiais que se lles ocorra.

Non hai ningún tipo de limitación, só se trata de poñer en acción a creatividade e a imaxinación, manipulando diferentes materiais e vendo as posibilidades que ten cada un.



Podedes iniciar esta proposta xerando unha conversa falando de como viaxar, os medios de transporte máis ou menos habituais, os que son menos contaminantes e polo tanto máis respectuosos co medio...

Tamén podedes falar dos lugares aos que lles gustaría viaxar e por que, con quen iría e que cousas faría no seu destino, ou lembrar viaxes que xa fixerades e vendo que lles gustou máis... O importante é a escoita atenta, o desfrute da propia conversa e, sobre todo, non buscar nunca unha resposta concreta.


Cando lle propoñades construirdes o voso propio barco, falade tamén das características que debe cumprir a vosa construcción, por exemplo, a flotabilidade. E a partir de aí, deixade que pensen en que materiais poden empregar... Non hai normas nin límites, só tede en conta que é mellor que empreguedes material de refugallo, para así, non xerar máis lixo e coidar tamén do planeta.


Cando estean feitos os vosos barcos, probade a botalos: ben na beira do mar algunha tarde que vos acheguedes á praia, nunha pía dalgunha fonte que teñades preto da casa ou ben na propia bañeira á hora do baño. Comprobade se flota ou afunde e animádevos a facer algún cambio no modelo para melloralo se é que o precisa.

A navegar!




Se queres ver algunha outra proposta relacionada coa flotabilidade e a experimentación da mesma a través de diferentes materiais podes ver o post premendo no título: 

Comentarios

Entradas populares de este blog

💡🔬 EXPERIMENTOS CIENTÍFICOS SINXELOS PARA CRIANZAS. ACTIVIDADES PARA FACER NA CASA: FLOTACIÓN

🤸 🤸‍♂️ XOGOS DE MOVEMENTO PARA CRIANZAS. ACTIVIADES PARA FACER NA CASA: A PROCURA DOS OVOS

👨💭 PROPOSTAS SOBRE LINGUAXES PARA FACER NA CASA COAS CRIANZAS: ESCOITAR UN CONTO "SETE RATOS CEGOS"