📖BIBLIOTECA PARA NAIS, PAIS E EDUCADORAS: "ROSA E AZUL"
DOCUMENTAL: “ROSA E AZUL: ROLES DE XÉNERO E DISCRIMINACIÓN"
Neste fragmento de documental podemos ver un experimento que se fixo cun grupo heteroxéneo de persoas adultas no que se ve como lle atribúen unha serie de características, valores, fortalezas e/ou debilidades a un bebé, en función da cor da roupa que leva posta (azul, xénero masculino; rosa, xénero feminino). Ademais, como se pode obxervar neste estudo, as persoas adultas interactúan de diferente maneira co bebé en función de se pensan que é neno ou nena.
Hai ademais diversos estudos que evidencian que os estereotipos de xénero están influídos polo comportamento das persoas adultas máis próximas ás crianzas.
É interesante poder reflexionar sobre isto e telo en conta para deixar de impoñer clichés de xénero ás nosas crianzas, rachar cos roles e estereotipos de xénero, eliminar o sexismo, a discriminación e fomentar a igualdade.
“La coeducación es educar para la Paz, educar en la Libertad y educar en la Justicia”
García e Huertas
Podedes ver unha proposta sobre roles de xénero no post:
XOGO A SER... (preme no título para velo)
Comentarios
Publicar un comentario