Entradas

Actividades y juegos destacados

💡🔬 EXPERIMENTOS CIENTÍFICOS SINXELOS PARA CRIANZAS. ACTIVIDADES PARA FACER NA CASA: TINTA INVISIBLE

Imagen
TINTA INVISIBLE Gustaríache facer tinta invisible para deixar unha mensaxe secreta para xogar ás detectives ? Pois só precisas un limón , algodón ou un pincel, unha folla de papel e unha candea (ou calquera outra fonte de calor ). O primeiro será espremer o limón , xa que empregaredes o zume do limón como se fora tinta . Despois, axudándovos dun algodón, dun pincel ou co propio dedo, facede o debuxo que queirades sobre o papel. Deixade que desfruten do proceso de espremer, do tacto e olor do limón, dádelles tempo para pararse no proceso. Finalmente, só teredes que deixar secar o zume antes de enviar a mensaxe secreta. A persoa á que llo enviedes terá que aplicarlle calor para descubrir a mensaxe ou poñelo á contraluz. Para isto precisará unha candea ou lámpada, secador do cabelo ou similar. Nós empregamos un ferro de pasar: Podedes animar ás crianzas a que proben a facer o mesmo proceso con outras substacias (leite, zume de mazá...). E con esas substanc

💡🔬 EXPERIMENTOS CIENTÍFICOS SINXELOS PARA CRIANZAS. ACTIVIDADES PARA FACER NA CASA: COPAS MUSICAIS

Imagen
COPAS MUSICAIS Materiais : copas de cristal do mesmo tamaño, auga . Proceso : Enchemos as copas de cristal a distintos niveis . Mollamos a punta do dedo índice e pasámola, deslizándoa  suavemente, polas bocas das copas. Podes escoitalo ? Soan todas as copas igual ? Como son os sons ? Explicación : Mollamos o dedo na auga para aumentar o rozamento. Cando frotamos a copa esta vibra a unha frecuencia determinada en función da forma, tamaño e tipo de cristal da copa.

📖BIBLIOTECA PARA NAIS, PAIS E EDUCADORAS: "ROSA E AZUL"

Imagen
DOCUMENTAL: “ROSA E AZUL: ROLES DE XÉNERO E DISCRIMINACIÓN" Neste fragmento de documental podemos ver un experimento que se fixo  cun grupo heteroxéneo de persoas adultas no que se ve como lle atribúen unha serie de características , valores, fortalezas e/ou debilidades a un bebé, en función da cor da roupa que leva posta (azul, xénero masculino; rosa, xénero feminino). Ademais, como se pode obxervar neste estudo, as persoas adultas interactúan de diferente maneira co bebé en función de se pensan que é neno ou nena. Hai ademais diversos estudos que evidencian que os estereotipos de xénero están  influídos polo comportamento das persoas adultas máis próximas ás crianzas. É interesante poder reflexionar sobre isto e telo en conta para deixar de impoñer clichés de xénero ás nosas crianzas, rachar cos roles e estereotipos de xénero, eliminar o sexismo, a discriminación e fomentar a igualdade . “La coeducación es educar para la Paz, educar en la Libertad y

🎭 🎨 ACTIVIDADES DE EXPRESIÓN ARTÍSTICA PARA FACER NA CASA COAS CRIANZAS: COSNTRUIMOS UN BARCO

Imagen
CONSTRUIMOS UN BARCO A proposta de hoxe trátase de animar ás crianzas a que constrúan o seu propio barco cos materiais que se lles ocorra. Non hai ningún tipo de limitación, só se trata de poñer en acción a creatividade e a imaxinación , manipulando diferentes materiais e vendo as posibilidades que ten cada un. Podedes iniciar esta proposta xerando unha conversa falando de como viaxar , os medios de transporte máis ou menos habituais , os que son menos contaminantes e polo tanto máis respectuosos co medio... Tamén podedes falar dos lugares aos que lles gustaría viaxar e por que, con quen iría e que cousas faría no seu destino, ou lembrar viaxes que xa fixerades e vendo que lles gustou máis... O importante é a escoita atenta , o desfrute da propia conversa e, sobre todo, non buscar nunca unha resposta concreta. Cando lle propoñades construirdes o voso propio barco, falade tamén das características que debe cumprir a vosa construcción, por exemplo, a f

😃🏡 ACTIVIDADES DA VIDA DIARIA NA CASA PARA FACER COAS CRIANZAS: TRASVASES DE LÍQUIDOS

Imagen
TRANSVASES DE LÍQUIDOS  Para desfrutar desta proposta precisaredes de dous caldeiros ou baldes , vasos de diferentes tamaños, tapóns , botellas de diferentes tamaños, esponxa ... e, se tedes na casa, contagotas .  Trátase de encher un dos caldeiros con auga e tentar levar a auga cara o outro empregando diferentes ferramentas (tapóns, vasos, esponxas, contagotas...). Con cal probamos primeiro ? por que ? Que outra ferramenta queres usar? Cal che parece a máis axeitada ? As crianzas máis maiores poden, ademais de experimentar co xogo, contar cantas viaxes necesita en función do obxecto que empregue para o transvase. Podedes propoñelo a través dunha pregunta : Cal é a ferramenta mellor (máis eficaz )? E que podemos facer para sabelo? Lembrade que calquera aprendizaxe debe responder a unha necesidade do/a neno/a (querer saber, comprender), non da necesidade que teñamos as adultas en ver como traballan contidos "escolares". Tamén podedes anim

🎭 🎨 ACTIVIDADES DE EXPRESIÓN ARTÍSTICA PARA FACER NA CASA COAS CRIANZAS: SEGUINDO OS PASOS DE KANDINSKY

Imagen
SEGUINDO OS PASOS DE KANDINSKY  A proposta de hoxe comeza coa observación de diferentes obras de Kandinsky. Animádevos a observar e a falar da obra ou obras que escollades.  Podemos facervos preguntas : Que cores usou? Usarías ti outras cores? Por que cres que escolleu estas cores? Escollerías ti as mesmas? Que debuxou o pintor? Que elementos (formas) ves? Como te fai sentir ? Recórdache a algún outro obxecto ou escena?  Tamén podedes facer a vosa propia obra de arte , non necesariamente unha versión dunha das obras de Kandinsky, senón inspirándovos na conversa sobre a obra do artista.  Empregando diferentes materiais : tesoiras e pegamento, rolos de papel , tapóns ou calquera outro obxecto para crear con formas (poden non ser círculos e si óvalos, triángulos...), sombras, mesturas de cores...  O único indispensable é desfrutar experimentando! A arte ensínanos a prestar atención ás novas combinacións visuais do mundo.  Ensínanos a ver.  

💡🔬 EXPERIMENTOS CIENTÍFICOS SINXELOS PARA CRIANZAS. ACTIVIDADES PARA FACER NA CASA: UNHA NOVA COR

Imagen
UNHA NOVA COR Materiais : 2 vasos , auga, 1 naipe ou similar e cor . Proceso : Enchemos dous vasos con auga (a auga debe chegar ao borde xusto do vaso) e engadimos unha cor a cada un (podemos empregar colorante alimenticio ou meter durante un tempo uns rotuladores nos vasos con auga ata que chegue a tinguila, neste caso podedes preparalo dun día para outro).  Axudámonos dun naipe ou dunha cartolina, dámoslle a volta a un dos vasos e pousámolo enriba do outro . Finalmente, con coidado, retiramos a cartolina/ naipe sen mover os vasos. Que ocorreu? NOTA: neste caso (usando a mesma auga nos dous vasos) os contidos de ámbolos dous vasos se mesturan cando quedan en contacto  (polo que dos líquidos azul e amarelo, obtemos o verde). Podemos facer o experimento engadindo variantes para que o obxectivo non sexa crear unha nova cor , senón ver como dous líquidos en contacto non se mesturan : - Empregar nun vaso auga fría e no outro auga quente . Que ocorre